Unha lectura das transicións na obra de Juan-Luis Pintos de Cea-Naharro en función das súas “circunstancias xeracionais”

Angel Enrique Carretero Pasin

Resumo


O presente traballo pretende interpretar a evolución da obra filosófica e sociolóxica de Juan-Luis Pintos de Cea-Naharro en función dunhas coordenadas socio-históricas, e especialmente “xeracionais”, onde se viu inmersa. Para iso distinguirá, un pouco arbitrariamente aínda que cun propósito aclarador, tres fases secuencialmente diferenciadas na súa traxectoria intelectual. Unha primeira, correspondente coas décadas dos anos sesenta e setenta. Unha segunda, correspondente coa década dos anos oitenta e parte da dos noventa. E unha última, situada desde o meridiano dos anos noventa en diante. Nesta interpretación, se incidirá en como o itinerario percorrido por J. L. Pintos puidese ser lido en consonancia coas transformacións acaecidas no marco ideolóxico-político que xeracionalmente acolleu o pensamento español nestas décadas e impregnou notablemente o seu “campo académico”.


Palabras clave


“Xeración”; “Franquismo”; “Democracia”; “Marxismo”; “Relixión”; “Posmodernidade”; “Imaxinarios Sociais”; “Teoría de Sistemas”.

Texto completo:

PDF

##plugins.generic.referral.referrals##

  • ##plugins.generic.referral.all.empty##


##submission.copyrightStatement##

##submission.license.cc.by-nc-sa4.footer##

logo uvigo

Cómaros. Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego
ISSN: 2529-9034

Licencia de Creative Commons

Cómaros. Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.