Vicente Viqueira López (1886-1924), un institucionista galego. Vínculos coa ILE e anos de formación
Resumo
Neste artigo imos aproximarnos á figura de Vicente Viqueira López, o máis grande representante dos vínculos de Galiza coa Institución Libre de Enseñanza (ILE) (Porto, 1986, 2005; Vázquez, 2012). Centramos o traballo na dimensión institucionista de Viqueira, a partir dos lazos familiares, do nacemento e da educación nos primeiros anos, dos seus contactos coa ILE e a formación en Europa a través da JAE (Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas).
Aínda que non se pode obviar a referencia ás dimensións psicolóxica, filosófica, pedagóxica ou política do autor, xa abordadas anteriormente por outros investigadores (Torres, 1987; Regueira, 1992; Costa, 1996), así como a súa identificación lingüística e cultural co veciño Portugal, imos ocuparnos dos anos de formación de Viqueira, afín ao maxisterio de Francisco Giner de los Ríos.
Dende o punto de vista documental, ademais do Boletín de la Institución Libre de Enseñanza (BILE), das Memorias da JAE e do Arquivo da Idade de Prata, consultamos o Fondo Giner de los Ríos na Biblioteca da Real Academia da Historia (B.R.A.H., Madrid), principalmente da correspondencia. Fundamental é tamén a documentación depositada na Fundación Penzol de Vigo e na Real Academia Galega da Coruña.
Texto completo:
PDF##plugins.generic.referral.referrals##
- ##plugins.generic.referral.all.empty##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-sa4.footer##
Cómaros. Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.